RIBEIRASACRA_NEXT

Convenios

Convenio Asociación de Empresarios de Chantada


A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de reforzar a cooperación entre ambas entidades e impulsar actuacións conxuntas en beneficio do tecido empresarial do territorio.


O acordo contempla a colaboración en materia de emprego, comunicación institucional, difusión de actividades, uso compartido de recursos e apoio mutuo en iniciativas empresariais, formativas e de dinamización económica.


Ademais, Ribeira Sacra Next pon á disposición da Asociación de Empresarios de Chantada a súa plataforma de emprego, facilitando a publicación de ofertas laborais e a conexión entre empresas e persoas demandantes de emprego. O convenio inclúe tamén o compromiso de promover actividades anuais no ámbito de Chantada.

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: